Arquivo de Temas do Día
Máis en:
Noticias

Especiais

Eventos

Fin de semana

Navegación

Zapping

Biblioteca
Do 1 ó 10 de aproximadamente 1310 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte  
seccións
Arte
212
  Ciencia e Tecnoloxía
45
  Comunicación
40
 
Espectáculos
205
  Historia
101
  Lingua
33
 
Literatura
96
  Medio Ambiente
63
  Música
82
 
Sociedade
376
 

24 de xuño de 2008
G-Z
O 14 de xuño abría en Zaragoza o maior espazo expositivo dedicado á render homenaxe á auga. Precisamente unha materia na que Galicia ten moito que dicir polos seus máis de mil quilómetros de costas, os seus abondosos ríos e pola súa climatoloxía. Alén diso, o pavillón galego destaca polo seu marcado carácter turístico.

11 de xuño de 2008
Os colectivos saltan á rede para revolucionar o noso panorama cultural
A nova creación galega busca oco na rede e ten nome de colectivo. Mesturar xéneros, crear en conxunto e aproveitar Internet son características que comparten colectivos coma Baleiro, 12 Lúas e Perro Zombie, algunhas das máis recentes propostas culturais galegas. Con estes nomes, un feixe de novos autores ameazan con revolucionar o noso panorama cultural.

9 de xuño de 2008
As vellas casas da xuventude
Son poucas e moi diferentes entre sí. Espalladas por diferentes recantos do país, unha trintena de Casas da Xuventude sobreviven sen moita máis semellanza entre elas do que o nome. Mentres noutros lugares de Europa estes espazos son centros dinámicos de xestión compartida cos usuarios, en Galicia a maior parte deles céntranse en achegar información aos usuarios.

5 de xuño de 2008
A recuperación de embarcacións tradicionais garante o futuro desta industria artesanal
O traballo dos carpinteiros de ribeira será un dos eixes da presenza galega na Feira Marítima de Brest o vindeiro verán. Logo dunha longa decadencia, o sector sobrevive na actualidade grazas á recuperación de embarcacións tradicionais, un campo no que tamén se están a dar innovacións.

3 de xuño de 2008
Os galegos de segunda xeración organízanse en Sudamérica
Vai xa máis dun século da presenza masiva de galegos en América e da intensa actividade social e cultural da emigración. Agora, moitos dos descendentes daqueles que emigraron manteñen o facho do traballo nos Centros Galegos e desenvolven diferentes propostas. Este mesmo verán, o Foro da Xuventude analizará desde Arxentina os desafíos aos que se enfrontan. Son a nosa remuda exterior.

30 de maio de 2008
A danza miúda
Dentro das variadas formas da nosa música popular, non debe estrañarnos que existisen unha ampla variedade de xogos sonoros destinados aos máis pequenos. No entanto, eran ata o de agora poucos coñecidos. En Para cantar e bailar Luís Prego e Edicións do Cumio recuperan unha parte fundamental da nosa tradición que pode axudar que nenos e nenas se achegan ao mundo da danza tradicional.

26 de maio de 2008
Observación: Cultura con sexos
As mulleres están chamadas a desempeñar un papel crucial no noso desenvolvemento cultural, segundo se desprende dos seus hábitos e da súa crecente incorporación ao emprego neste sector. Facemos unha análise sobre cultura e xénero da man do Observatorio da Cultura Galega e iniciamos así unha serie que analizará as tendencias neste ámbito.

22 de maio de 2008
A pegada arqueolóxica
As escavacións en castros. A recompilación de cantigas. O estudo de petróglifos. Temas que aínda hoxe están de plena actualidade daban os seus primeiros pasos a nivel científico hai máis de cen anos cun suxeito común: A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Esta entidade pioneira revolucionou coas súas investigacións o noso coñecemento sobre o país e foi antecedente do Museo de Pontevedra e mais do Seminario de Estudos Galegos.

21 de maio de 2008
O teatro xa ten un plan
O teatro precisa promoción, reforzo a nivel industrial, ser obxecto de estudo e, por suposto, ser levado cara o exterior. Todas estas facetas están desenvolvidas polo miúdo no Plan Galego das Artes Escénicas, un documento que concreta en 83 puntos agrupadas en cinco sectores, a folla de ruta que debe seguir este sector ata o 2011. Analizamos o documento para coñecer o percorrido do teatro.

20 de maio de 2008
A cultura non é curta
O audiovisual parece que vai encontrándose coa cultura galega. Non só polo uso da lingua de rodaxe, que se incrementa paseniñamente, senón porque cada día hai máis traballos que recollen historias, fitos ou temas do noso universo cultural. Principalmente a través das curtametraxes e os documentais, pero é só un primeiro estadio do que pode dar de si.


1 2 3 4 5 6 7 Seguinte



Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org