Creo que a torpeza é o que ven marcando os meus proxectos, a incapacidade de seguir unha liña recta durante horas, sen cambalear, sen botar un pé fóra ou metelo dentro deses dous espazos que separan esa fina liña. Así que consciente da miña falta de equilibrio e desa recta que me obsesiona, decido revisala e moverme entre eses lindes, entre o un o outro.
Como unha pregunta, sempre presente e cuxa única resposta basease en imaxes, gustos, relacións cos demáis, comigo mesma…
Texto: Mónica Cabo