Tono Carbajo
A aparición de Tono Carbajo no mundo da arte comeza coas súas pinturas dos anos oitenta, nas que a implicación do corpo é fundamental, xunto coa utilización de abundante materia, pintura vertida e xesto.
A evolución da súa obra vai cara a simplificación nas formas, a conceptualización e a experimentación cos materiais: vigas de madeira, libros, axóuxeres, ventás e tubos de neon, ensámblanse sobre o lenzo, e a fotografía.
A ruptura do formato rectangular do cadro é unha das constantes na súa obra. O obxectivo é ampliar os límites da pintura, incorporando novos materiais e avanzando na terceira dimensión.
En paralelo, o artista produce instalacións e video-instalacions nas que propón unha recuperación da memoria como material, o interese polo social, a cidade e o traballo coa propia biografía e o seu itinerario persoal.
Os xogos de opostos como frío-quente, pintura-fotografía, bidimensionalidade-espacialidade e un longo etc., sonlle característicos e ademais de formar parte dunha poética persoal, permítenlle unha grande liberdade á hora de formular o tratamento formal dos seus traballos xogando con tensións, equilibrios, paradoxos e metáforas.
O artista viviu en Galicia, Madrid e Nova York. Actualmente reside e traballa en Barcelona.
Links de referencia:
http://www.youtube.com/user/tonocarbajo
http://www.flickr.com/photos/tonocarbajo/