A súa obra é publicada en diversos paises coma Italia (Tunué), Francia, Belxica e Suiza (Rackham) ou República Checa (Sypka). Recentemente realizou para Image Comics unha historia contida no vol.03 da súa antoloxía PopGun, abríndose así ó mercado norteamericano. Membro fundador do colectivo de autores de cómic Polaqia, xunto o cal edita o fanzine “Barsowia” entre otras publicacions; ten colaborado en multitud de publicacions e obras colectivas tanto a nivel galego coma estatal e internacional: Tos, Humo, Dos Veces Breve, El Manglar, BdBanda, Fanzine Enfermo, Desde el Abismo, Mentiroso Mentiroso o Historias del olvido, entre outras... A súa obra foi recopilada en diversas exposicións monográficas tanto a nivel galego, coma estatal e internacional, ademais de participar en moitas outras de caracter colectivo. O mesmo tiempo leva en paralelo o seu traballo coma realizador cinematográfico; coma a longametraxe de animación 3D estreada en salas o ano 2008 “Espíritu do Bosque”, codirixida xunto con Juan C. Pena para la productora Dygra Films. Outro largometraje; “Holy Night!”, tamén para Dygra, codirixido esta vez xunto a Juan Galiñanes, contou con él ademais coma director artístico.
Críticas:
"Estou seguro de que se a David Rubín férveselle, o seu sangue vertido debuxará o contorno dunha viñeta, liñas cinéticas e bocadillos. Porque a única explicación para o deste home é que leva a historieta nas veas, que corre por elas cunha forza violenta e incontible." (Álvaro Pons, La Cárcel de Papel)
"Rubín crea unha métrica propia para compor un poema maldito, cuxos versos son liñas, palabras e debuxos, esbozados coa súa forza habitual, agora matizada quizais por unha cor que toma o protagonismo da visceralidade con eses vermellos agresivos que alagan as páxinas. O Bécquer das lendas atópase ao Espronceda máis pasional neste cómic onde a viñeta desaparece, onde a ilustración a dobre páxina álzase como a forma de ir enlazando as ideas dispersas que compoñen as barriadas desta cidade Espanto. Relato ilustrado que, sen solución de continuidade, atopa secuencia de forma natural en transicións sobre un único escenario, nunha teatralidade manifesta na que Rubín recupera a viñeta como marco referencial para logo pasar páxina e volver a refuxiarse na historieta de composición atrevida e sorprendente." (Álvaro Pons, La Cárcel de Papel)
"Non todos os autores de cómic españois son capaces de atraer sobre as súas novas obras a atención que consegue David Rubín. E isto, está claro, por méritos propios: o autor galego ten acumulado, en moi pouco tempo, un auténtico vendaval de premios e recoñecementos da crítica e o público, mercé a unha obra cuxo interese desde logo os merece ." (El Show de los hombres lobo)
"...Caderno de Tormentas é unha obra orixinal e arriscada desde a súa formulación até as ideas que expón. Un cómic ao que as etiquetas se lle quedan pequenas e que, cousa pouco habitual, descobre novos detalles con cada sucesiva lectura. A proba impresa de que o cómic español garda diamantes en bruto que nos darán moitos bos momentos ao lectores si se lles presta o apoio necesario." (Jaime Valero, Zona Fandom)
"A obra de David Rubín é sen dúbida una das propostas máis orixinais entre as que podemos atopar no panorama nacional..." (Javier Mesón, El Coleccionista de Tebeos)
"...Hai obras de arte das que é mellor non falar...Caderno de Tormentas é unha delas. Saian, cómprena. Experiméntena e comprobarán porque dicía ao principio que é unha das mellores (si non a mellor, con permiso de Engurras) lecturas deste 2008." (Sergio Benitez, Lecturas Recomicdadas)
"...Rubín explota con mestría e imaxinación os recursos compositivos e narrativos propios do medio cunha habilidade que a outros lles custa unha vida conseguir, logrando unha obra chea de simbolismos e rica en niveis de lecturas na que o lector poderá perderse durante horas á vez que percibe a honradez dun autor que se deixou as tripas na elaboración de cada unha das súas páxinas...." (El lector impaciente)
"...A súa imaxinación desbocada xunto cun grafismo sedutor e rotundo atrapan ao lector nas esquinas máis escuras da alma. Quizais un periplo interior, os demos máis primitivos e os máis sofisticados axexan ao protagonista no seu desesperado vagar por paraxes aterradoras pero cegadoras...." (Yexus, El Diario Montañés)
Obras monográficas:
-"El Monte de las ánimas" (SM, 2009) Adaptación ó cómic da obra de Gustavo Adolfo Bécquer.
-"Cuaderno de Tormentas" (Planeta DeAgostini, 2008) Nomeada a mellor debuxo no 27 Salón do Cómic de Barcelona.
-"Romeo y Julieta" (SM, 2008) Adaptación ó cómic da obra de W. Shakespeare. Con guión de Ricardo Gómez.
-"La tetería del Oso Malayo" (Astiberri, 2006), obra gañadora dos Premios de la Crítica 2007 en la categoría de “Mellor obra do ano”; nomeada nos premios do 25 Salón do Cómic de Barcelona: “Mellor obra nacional”, “Mellor guión”, “Mellor debuxo” e “Autor Revelación”, conseguindo éste último galardón. Finalista na Primera edición do Premio Nacional de Cómic de España.
-"Corazon de Tormentas". (2006, Polaqia.) Esgotada a súa edición, a día de hoxe pode descargarse gratuitamente esta obra na web: http://www.polaqiacomic.com/. Nomeada a mellor obra do ano 2006 no el Salón del Cómic de Madrid (EXPOCÓMIC).
-"El circo del Desaliento" (Astiberri, 2005), pola que foi nomeado en 2006 ós premios do Salón de Barcelona na categoría de “Autor Revelación”. Gañou o premio Autor Revelación do ano 2005 do weblog "La Carcel de Papel"(www.lacarceldepapel.com)