Atalaia

María Xosé Díaz
 María Xosé Díaz
Catoira -Pontevedra- (1949)
Vive e traballa en: Teo (A Coruña) e Rincón de la Victoria (Málaga)

"María Xosé Díaz durante os últimos trinta anos desenvolveu unha intensa actividade plástica investigadora no ámbito do debuxo, cerámica, escultura, instalacións e intervencións de espazos específicos, movida por unha desbordante curiosidade que a levou a experimentar con materiais inusuais na escultura contemporánea e conseguir deles as máximas calidades expresivas, plásticas e espaciais. A luz, as texturas, a riqueza ambiental das súas intervencións e a relación que adoita establecer entre a natureza e os materiais procedentes do mundo industrial crea unha seductora poética tan persoal que converten a María Xosé nun exemplo singular no panorama artístico actual. Non se pode separar a obra realizada pola escultora da súa personalidade, carácter ensimesmado, a súa preferencia por entusiasmarse polas pequenas cousas, polos obxetos atopados que frecuentemente incorpora nos seus traballos (...)

María Xosé Díaz traballa cunha estética do mínimo, en grao sumo sinxelo e aí reside gran parte da súa grandeza (...) A súa escultura ten o fundamento na xeometría e o constructivismo sen ser, en absoluto, fría nin estar relacionada co minimalismo. O seu traballo ten a súa base nos materiais mais humildes da natureza, sen que teña relación ningunha coas premisas da arte povera. A obra de María Xosé Díaz é a súa prolongación espiritual e persoal, é o vínculo material que permite a comunicación entre o seu ensimismado eu e todos os que a rodean, incluído o espectador. (...)

Texto: Antonio Garrido. Catálogo dixital da exposición retrospectiva no Auditorio de Galicia: “María Xosé Díaz 1980-2010” da que foi comisario.