Atalaia

Félix Fernández
 Félix Fernández
Viveiro -Lugo- (1977)
Vive e traballa en: Madrid

Identidades, autorreferencias, ficcións e outros híbridos

Reviso os textos sobre o meu traballo e vexo as cousas que cambiaron e as características que permanecen co paso do tempo.

Comecei explorando a miña autobiografía, con narracións moi centradas nos meus rasgos identitarios e experiencias vitais. Describíao así: Estado de comunicación interior, búsqueda pormenorizada do meu eu non recoñecible, ansia curiosa de ver o que os demais ven. Dualidade entre o racional e o irracional. Un regreso ao intimismo máis radical con todo o que conleva: liberación, pero tamén violencia desatada. Facerse responsable desa parte oculta: meu traballo está íntimamente relacionado co corpo mutilado polos condicionamentos sociais e as implicacións psicológicas que isto conleva.

Estes traballos autorreferenciais empezaron a combinarse coa utilización de obxectos, accións e escenarios dunha maneira simbólica para poder falar de conceptos e procesos máis abstractos, como a perfección, o desexo, a creación, os estados contemplativos, a frustración, a fuxida…

O meu interese pola relación do individuo contemporáneo co entorno que lle tocou vivir (tempo, espazo, realidade socioeconómica, paisaxe, medios de comunicación…), fai que a autobiografía pase a un plano máis secundario e comece a encarnar outras identidades construídas, onde a ficción ábrese paso para comunicar ideas máis globais como poden ser o control social por parte do estado, a autoridade, a rebeldía e a inadaptación. Tamén me interesa revisar figuras arquetípicas, mitos antigos e contemporáneos, coa intención de aportar un novo enfoque, actualizándoos, para que a súa mensaxe poida adaptarse ao tempo no que vivimos.

Formalmente inscribo os meus traballos nunha multiplicidade de formatos, resultando híbridos entre foto e performance, espectáculos audiovisuais, instalacións, videocreacións… Non me importa tanto o soporte no que esté construída unha obra senón a súa capacidade de comunicar a mensaxe para a que foi creada.

Félix Fernández (outubro 2011)