Notice (8): Undefined variable: obras [APP/controllers/web_controller.php, line 6569]
Warning (2): array_rand() expects parameter 1 to be array, null given [APP/controllers/web_controller.php, line 6569]
Persoas » González Gómez, Manuel

Atalaia

Manuel González Gómez
 Manuel González Gómez
Ribeira -A Coruña-
Vive e traballa en: Ribeira -A Coruña-

Itinerario: Nocilla. Que marabilla! Regresión teenager e iconas de carpeta

Baixo este título atópase un Itinerario baseado na iconografía e o paso do tempo, facendo referencia a unha morriña polo pasado adolescente. Unha adolescencia conformada por varios aspectos como o fenómeno fan, os mass-media, a construción dunha identidade e as relacións entre suxeito e identidade. Todas estas son características que forman parte das pezas que compoñen este roteiro de exposición virtual, ofrecendo así unha visión nostálxica a través de elementos recoñecibles polo espectador que, por un momento, tornará ás tardes ociosas de xuventude compostas por bocadillos de nocilla, música pop-rock e programas de televisión.

Esfera pública, sociedade urbana, cultura de masas, consumo, sexualidade, xénero, visibilidade, identidade e o paso do tempo, son termos que se recollen neste Itinerario. Nunha atmosfera de interacción entre os modos da vida, as reformas da experiencia e o recoñecemento visual. Tamén está latente unha retórica da revalorización do marxinal e alternativo, a evolución da etnografía urbana e a presenza de elementos de contracultura.

Dentro deste Itinerario fálase de traxectorias vitais e emocións instantáneas, mostrando de xeito velado episodios de experiencia. Trázase unha voluntaria xenealoxía icónica que nos remite ás películas de serie B, o cine fantástico e ós xéneros de Hollywood, a ciencia ficción e a fotonovela, o cómic e a discoteca. Todos eles, elementos característicos dunha cultura xuvenil.

Remitidos a ese carácter nostálxico, o título do roteiro, Nocilla. Que marabilla!, é tamén o título dunha canción do grupo galego Siniestro Total, un dos estandartes da movida viguesa, movemento pioneiro de contracultura en Galicia.

O visionado das distintas pezas remítenos ás tardes de bocadillos, televisión e xogos na rúa. Todos os artistas, agás dous, pertencen ás décadas dos 60 e 70, xente nova e actual coa que compartimos unha experiencia visual. Este achegamento temporal fai que as pezas teñan un contexto máis cercano e saibamos recoñecer o que nelas se representan e así poder identificarnos coa peza a través da nosa propia experiencia.

As obras entre si están ben ligadas e compoñen unha esfera narrativa tanto polo icónico do representado nelas, como pola alusión ó paso do tempo. Todo elo é unha reminiscencia dese produto adolescente, desa morriña por vivir lonxe de preocupacións.

Como dixera Oscar Wilde, para recuperar a xuventude, abonda con repetir as mesmas loucuras.

Manuel González Gómez

(En colaboración co Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela).