Pistas sobre Guillermo Aymerich
Licenciado en Belas Artes, na UPV e Graduado en NYU-New York University. Doutor pola UPV, onde imparte docencia ademais do Máster de Produción Artística.
Como representante de Relacións Internacionais, imparte conferencias, seminarios e dirixe proxectos de investigación en Universidades estranxeiras, tanto na UFBa-Salvador de Bahía, UFS-Sergipe, VSUP-Praga e GMIT-Galway como en Tsinghua University e CAFA, ámbalas dúas en Beijing.
Realiza un total de 23 exposicións individuais e case 200 colectivas, recollidas en 88 catálogos editados para as ocasións. Mostras ao longo da Península Ibérica e en Estocolmo-SWE, Tesalónica-GRE, Bolonia-ITA, Lyon-FRA, París-FRA, Pavia-ITA, Cracovia-POL, Livorno-ITA, Znojmo-CZE, Katovice-POL, Mainz-GER, Praga-CZE, Belo Horizonte-BRA, Río de Janeiro- BRA, Porto Alegre-BRA, Uberlândia-BRA, Brasilia-BRA, Salvador de Bahía-BRA, Aracaju-BRA, Bosnia-BIH e Beijing-CHN.
Desde 1994, durante a súa estancia neoyorkina, comeza a desenvolver series de pinturas concibidas especificamente en relación a un determinado lugar. Necesidade constante de viaxe, buscando características e estímulos propios do lugar ao que chega, destinos minuciosa e intencionadamente escollidos en base xeométrica e previa sobre o mapa. Así, desenvolve series na costa Este neoyorkina, os Alpes bávaros, a Bretaña francesa, o Fisterra galego, o deserto máis meridional europeo en Cabo de Gata, o Nordeste brasileiro, a beira ribeirá de Shanghai, a porteña Casablanca, a Bohemia Occidental, a imperial Beijing, os Balcáns bosnios, a Mongolia interior, a vertical Hong Kong, o Oriente xaponés, a Corea surista…
En breve desplazarase ao Ecuador terrestre en Colombia e na súa próxima etapa, planea cruzar o Meridiano desde Malasia ata Indonesia na procura de novas localizacións.
Desprazamentos que posibilitan series artísticas cuxo compoñente procesual único propicia o método recollido a posteriori no libro “Un método para pensar el lugar”: a obra artística na que a paraxe condiciona as distintas solucións derivadas da múltiple relación pintura/fotografía.