Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Ignacio Pardo
 Ignacio Pardo
Lugo (1947)
Vive e traballa en: A Coruña

Ignacio Pardo presentou no CGAC (Santiago de Compostela), durante os meses de maio e xuño de 2007, unha magnífica exposición co título de Senescencia, composta case na súa integridade por instalacións creadas para a ocasión. Pezas á súa vez concibidas como unha unidade: como unha vanitas electrónica composta de breves bucles de imaxes elaboradas dixitalmente e organizadas en diversos formatos polípticos. Proxeccións múltiples e mosaicos de pantallas que non só se estenden polas paredes senón tamén no chan -un figurado estanque de corpos espidos alagados entre ondulaciones e chapoteos dixitais- e no envolvente calidoscopio dun bosque púbico que, a través dun sinxelo e logrado efecto de morphing e pola multiplicación da mesma imaxe con proxeccións e espellos, simboliza a saída do ventre materno ao mundo exterior (ou, tamén, a expulsión do paraíso). Entre estas alegorías despréganse outras imaxes -sempre potentes e entre o belo e o sinistro- de corpos ardentes, corazóns chameantes, moscas ou vermes á espreita dos corpos, as súas partes pudendas, as súas entrañas, e sobrevoando o órgano ocular e outros orificios. Imaxes coas que Pardo regresa sobre moitos dos temas e as analoxías, os dualismos e arquetipos que conduciron a súa entrega aos medios electrónicos durante máis de vinte anos: a vida e a morte, a mocidade e a vellez, o masculino e o feminino, a auga da orixe e a putrefacción inexorable.

Eugeni Bonet

http://flocos.tv/ciclo/retrospectiva-ignacio-pardo/

http://www.hamacaonline.net/autor.php?id=120