Atalaia

Leopoldo Nóvoa
 Leopoldo Nóvoa
Salcedo (Pontevedra) (1919), París (Francia) (2012)

Leopoldo Nóvoa [Salcedo, Pontevedra, 1919 / París, 2012]

 

"Unha obra esixente..." lemos con frecuencia nos prefacios de catálogos e frecuentemente tamén escrito por plumas que non queren dicir gran cousa, pero a impresión dunha esixencia extrema é sen embargo o primeiro a sentir ao encontrarse coa obra de Nóvoa. Ela esixe ademais de nós unha paz interior, da nosa mirada unha agudeza paciente e acariciante, da nosa actitude como unha predisposición á oración. Pequenos desertos abrazados polo po, cinza e areas, xardíns secos máis propicios aínda á contemplación que os seus curmáns do zen xaponés; pero é máis ben cara á severa España que hai que buscar o espazo desta áccesis e a nudez desta sensualidade. Este mundo de tensión sacra procede en efecto simultaneamente da súa Galicia natal e do universo suramericano onde o artista se formou e viviu moito tempo. As culturas célticas e amerindias mezclan profundamente a súas xeomancias perennes, as súas impasibles, discretas dramaturxias de paisaxes dos que non se pode decidir se son exteriores ou interiores, desexos ou reencontros. Velaquí unha soberbia e alta ocasión -rexeitar aos pluricotidiáns asaltos do visible, trivial. Velaquí algo para resarcirnos de ter visto os nosos ollos e non ter tocado coa man espléndida do real. Velaquí sobre todo, unha obra a lavarnos da falsa, triste e onanista hixiene do ou facernos de novo testemuñas das indispensables vodas da materia e a forma.

Gérad Barriere

(Escritor, filósofo, especialista en relixións e crítico de arte francés)