Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Mauro Trastoy
 Mauro Trastoy
Ferrol (1971)
Vive e traballa en: Santiago de Compostela

1+1+1+

Se alguén oprime o 1 dunha máquina sumadora, e repite a operación, e a segue repetindo sen cesar durante horas e horas, a máquina non aprenderá xamáis a anticiparse ao operador sumando un novo 1 por si mesma, a pesar de que calquera persoa asimilaría moi rápidamente o comportamento repetitivo. Xurde daquela a emoción do infinito.

Douglas R. Hofstadter, Gödel, Escher, Bach: un eterno y grácil bucle.

  

Esta é unha selección de obras dos últimos 5 anos.

Algunhas tiveron certa continuidade nunha serie, outras sen embargo quedaron en pequenas incursións ou abandonadas en metade da súa elaboración.

Intento agora que se relacionen entre si nun contexto diferente ao taller, onde foron formuladas.

 

Proceso de elaboración:

A partir dun material (corda, arame, madeira…) concreto un xesto/acción (medir-recortar-atar, cortar-pegar…).

A repetición dese xesto/acción constrúe unha estrutura (desde un primeiro momento vanse configurando unhas pautas de acción que procuro manter en todo momento).

 

O proceso interrómpese debido a varios motivos:

a. Non dispoñer de tempo.

b. Cansazo.

c. Cúbrese o espazo destinado a un proceso determinado (lenzo, habitación…).

d. Alternar varios procesos. Vou comezando uns en detrimento doutros.

e. ...

 

Mauro Trastoy (abril, 2012)