O traballo artístico tén que ver, nalgunhas das súas manifestacións, con certos comportamentos semiautomáticos adoptados na praia: trazar arcos na area cos pés, camiñar arrastrándoos, deixar que a area esvare polo oco da man ou entre os dedos, facer sulcos, ollar, excavar buracos. É dicir, un situase relaxadamente nun medio e proba diferentes maneiras de relacionarse cun material, a area, sen outra fin que a propia relación con él.
(...)
A Historia da Arte é o Edén. O Paradiso Perdido. Unha lousa que pesa sobre os nosos corpos. O artista é Atlas afundido polo peso da Tradición. É difícil rachar as fronteiras da tradición. Mesmo é difícil rozar esas fronteiras, saber cales son e onde están. Clausurar o edén como fonte de melancolía e facelo produtivo: ese é o reto. #
Otto Pffeifer
(Extractos do texto publicado no catálogo Xesús Vázquez, Galería Siboney, Santander, 1989,
e no catálogo Vórtices, Museo de Teruel, 2006.)