Atalaia

Marta Prieto coa maleta dos 144 cómplices |12x12] e unha selección de 16 das obras expostas
> 144 cómplices = [12 x 12]
Datas: 19/07/2012 - 15/09/2012

Comisariado

Marta Prieto

Descrición

O espazo lucense Arte Menudo presenta un multitudinario concepto expositivo con 144 artistas cunha obra cada un, nun formato de 12×12 centímetros, baseados na idea de arte miúda. Con vocación de itinerancia posterior, a iniciativa  de 144 cómplices = [12 x 12], viaxa tamén ata outros espazos como a sala Dosmilvacas (Ponferrada, León) ou a Fundación María Forcada (Tudela, Navarra), e cara outras salas alternativas, institucionais e ata hoteis e adegas. 

Marta Prieto, comisaria da mostra, artista e directora de Arte Menudo, sinala que a idea xurdíu "dun formato 12×12 que xa se fixera con doce artistas, e a través das novas tecnoloxías lanzamos unha campaña preguntándolle á xente se quería ser cómplice desta experiencia. Uníuse moita xente e agora mesmo son 144 artistas en formato 12×12. A filosofía é a arte miúda-galería, incentivar o coleccionismo artístico entre a xente nova, xerar novos coleccionistas, e dentro disa idea entra todo tipo de oficios e persoas".

De entre os artistas que realizaron unha obra para este formato hai de todo, deseñadores, pintores, artesáns, arquitectos… "Desde xente emerxente que estuda Belas Artes, en Pontevedra, Milán ou Berlín, ata xente xa coñecida e consagrada. En arquitectura temos dous premios Pritzker: o portugués Eduardo Souto de Moura e o español Rafael Moneo, pero tamén arquitectos máis novos como Mosquera. Do mundo do deseño hai autores que van desde Matalobos ata deep-art. E da arte en xeral, desde xente do rap, Evan Roth, El abrelatas do Bierzo, ata ilustracións minimalistas, da natureza, moita fotografía, mini-esculturas e traballos en xeral moi diversos, con nomes como os de Jorge Rodríguez Gerada -que pasa dos seus proxectos de arte urbana ao espazo da galería-, Ana Álvarez-Errecalde, Augusto Metzli, José Reigosa, Itziar Ezquieta, Roberto González Fernández, Eme, Tono Carbajo, Juan Carlos León, Monse Cea, Yolanda Dorda, Suso Basterrechea, Fernando Carpaneda, Din Matamoro, Verónica Vicente, así ata un total de 144 autores".

Link: Vídeo da inauguración na itinerancia ao espazo Dosmilvacas, Ponferrada, 21 setembro 2012.

Fonte: Galería Artemenudo (Lugo) / Espacio Dosmilvacas (Ponferrada) / Atalaia