Atalaia

Ángel Marcos. 2011. Imaxe de promoción do Taller Picasso 2011, MACUF.
> 16 ensaios –fotográficos- en torno ao tempo e a memoria
Datas: 28/06/2012 - 30/09/2012

Comisariado

Ángel Marcos

Descrición

PARTICIPANTES: Eva Abuín & Ana Germade - Mercedes Amado - Lupe Aneiros - Consuelo Ares - Fátima Carmena - Javier Fernández Pérez de Lis - Antonio García - Natalia García Lema - X. Lois Gutiérrez - Xabier Martínez - Gabriela Muñíz - Eutropio Rodríguez - Nirioxis Rodríguez - Ana Samaniego - Diego Velo - Susana Vilanova.

Baixo o título Dezaséis ensaios -fotográficos- en torno ao tempo e a memoria, o MACUF presenta unha mostra cos traballos realizados polos alumnos da edición 2011 do Taller Picasso, impartido polo fotógrafo Ángel Marcos (Medina del Campo, 1955). Na última edición do Taller Picasso, que se celebrou do 11 ao 15 de xullo de 2011, o fotógrafo Ángel Marcos impartiu o curso El proyecto personal, de lo particular a lo universal. Ao longo dunha semana, o artista traballou cos participantes seleccionados nun obradoiro práctico que formulaba a necesidade de xerar proxectos conscientes e reflexivos na práctica fotográfica, partindo das propias experiencias e vivencias persoais.

Para Ángel Marcos, a fotografía convertíuse nunha acción constante, a maioría das veces moi automatizada, polo que o obxectivo do curso era levar ao alumno a un planteamento e unha reflexión previa que convirta a captación fotográfica nunha narración autónoma e singular.

Ao finalizar o taller, os alumnos foron invitados a seguir traballando nos proxectos que tiñan iniciado. Un ano despois xúntanse os resultados nesta mostra, na que se expoñen os 16 proxectos (fotografías, vídeos e instalacións) dos 17 participantes no curso, e que responden aos seguintes títulos:

Himnos olvidados, X. Lois Gutiérrez - La verdad que amo, de Lupe Aneiros – Intuición, de Xabier Martínez – El uno en el otro, de Natalia García Lema – Natureza domesticada, de Eva Abuín e Ana Germade – Topografías [Aisladas], de Susana Vilanova – Identidad, de Fátima Carmena – Espacios de la ausencia, de Diego Velo – El jardín del olvido, de Gabriela Muñíz – El entorno, de Consuelo Ares – K, de Eutropio Rodríguez – Carreteras, de Javier Fernández Pérez de Lis – Ying-Yang, de Antonio García – Sen título, de Mercedes Amado – Lugares de la memoria, de Nirioxis Rodríguez – Emotio, de Ana Samaniego.

Fonte: MACUF, A Coruña