Atalaia

Joan Morera. The Spanish Earth. 2013
> 6 Proxectos de espazo para un espazo
Datas: 13/06/2013 - 20/07/2013

Comisariado

Javier Tudela

Descrición

6 Proxectos de espazo para un espazo é a cuarta edición desta colaboración entre o Concello de Cambados e a Universidade de Vigo comisariada por Javier Tudela para o Pazo de Torrado. Así, nesta nova edición participan seis artistas vencellados cos seus proxectos de investigación ao Departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes na Universidad de Vigo: Alexandre Costa, desde a súa preocupación pola entropía e o control dos procesos da creación; Jesús de la Iglesia, ocupado na hibridación dos procedementos de representación; Joan Morera indaga na condición dinámica e aberta da paisaxe; Lucía Romaní na complexidade do espazo público; Carlota Salgado percorre as marxes da actividade artística e Carlos Suárez atravesa as liñas fronteirizas entre os asentamentos humanos e as migracións.

Fonte: Atalaia