Exposición colectiva de verán na que se presentan obras de tres recoñecidos artistas que traballan coa galería Vilaseco Hauser.
Bernard Plossu. (Da Lat, Lam Dong, Vietnam, 1945)
"Evitar o espectacular, o pomposo e rexistrar os momentos sen importancia que son, de feito, tan importantes." (Texto: Bernard Plossu).
Regina Silveira. (Porto Alegre, Brasil, 1939)
"E se puidésemos sorprender o funcionamento da sucesión de días e noites, nun símil da súa infinita alternancia? En 1001 Dias, este "e se…?" interrogante -con frecuencia implícito na obra de Regina Silveira- é o propio umbral da imaxinación, amosando o marabilloso. Deixarse levar polo latexo das súas imaxes en looping, que se dilatan e contraen a partir dunha especie de embigo do mundo, entre voces de nenos ou ruídos de bechos nocturnos, sobre o son dun vento incesante, é descubrirse nunha máquina de xerar fantasía. Máquina que, sen embargo, extrae a súa eficacia da modificación duns cantos elementos explícitos que reaniman metáforas primordiais. Mesturando simultáneamente algo da gran tradición da pintura manierista e dos trucos simples e precisos da obra cinematográfica de Georges Méliès, 1001 Dias é un enxeño que encanta e inquieta, que suscita a admiración e as decisións da razón." (Texto: João Bandeira).
Rita Magalhães. (Porto, Portugal, 1974)
"(...) Unha ollada atenta, delata que a imaxe foi tomada desde fóra da casa, perto da árbore que coa súa sombra monumental afoga a pouca luz que sobrevive na noite (...). Cada lugar retratado agocha unha ausencia, debuxa soedades nostálxicas que debemos reconstruír segundo as nosas propias vivencias e inquedanzas." (Texto: David Barro en Rita Magalhães. Viajes en el tiempo).
Fonte: Galería Vilaseco Hauser