Atalaia

A arte ten xénero? Xornadas sobre arte e xénero
> A arte ten xénero? Xornadas sobre arte e xénero
Datas: 04/11/2013 - 06/11/2013

Dirección

Dolores Ruiz

Descrición

Que sabemos de nós e das estruturas de xénero que nos conforman? Estamos construíndo un mundo máis igualitario e tolerante ou limitámonos a reproducir vellos  comportamentos? Como se manifesta a nosa percepción de xénero na arte e na cultura contemporáneas? Para responder a estas cuestións, a Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza estas Xornadas sobre arte e xénero que pretenden ser un percorrido polas estruturas de xénero desde as que creamos, percibimos e explicamos a obra artística.

Dirección: Dolores Ruiz. Escritora. Máster en xénero. Universidade de Vigo

Coordinación: Ignacio Pérez-Jofre. Artista. Profesor titular de Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Fonte: Fundación Laxeiro