Atalaia

Anri Sala, Dammi i Colori, Albania, 2003. Vídeo, 16 minutos. Col. Martin Z. Margulies
> A morada do home. Fotografías da colección M. Z. Margulies
Datas: 03/06/2011 - 25/09/2011

Comisariado

Régis Durand

Descrición

Artistas: Berenice Abbott, Manuel Álvarez Bravo, Miriam Bäckström, Lewis Baltz, Bernd & Hilla Becher, Herbert Bayer, Frank Breuer, Jeff Brouws, Alain BUblex, James Casebere, Gregory Crewdson, Luc Delahaye, Thomas Demand, Mike Disfarmer, Stan Douglas, William Eggleston, Olafur Eliasson, Walker Evans, Lee Friedlander, Frank Gohlke, Dionisio González, Andreas Gursky, Anthony Hernandez, Lewis Hine, Roni Horn, Tim Hyde, Pieter Hugo, Isaac Julien, Amar Kanwar, Dorothea Lange, Helen Levitt, Sharon Lockhart, Lucia Moholy, Ray Metzker, Jonathan Monk, Zwelethu Mthethwa, Jackie Nickerson, Albert Renger-Pattzsch, Thomas Ruff, Ed Ruscha, Anri Sala, August Sander, Stephen Shore, Alec Soth, Hannah Starkey, Joel Sternfeld, Thomas Struth, Spencer Tunick, Escuela Vkhutemas, Gillian Wearing.

A Fundación Barrié de la Maza presenta -en exclusiva para Europa e en coprodución coa Fundació Foto Colectania de Barcelona-, a exposición A morada do home. Fotografías da colección Martin Z. Margulies. A través de máis de 165 fotografías e 5 audiovisuais procedentes dos fondos da Colección Martin Z. Margulies (Miami, Estados Unidos), a mostra, comisariada por Régis Durand, explora a cuestión de como o home habita o mundo, interactúa con el, modifícao e, en definitiva, deixa a súa pegada no noso planeta a través da realidade cotiá das emocións, da vida, do traballo e da natureza. 47 autores -con nomes que van desde representantes das vangardas históricas ata os máis habituais nas grandes exposicións dos ultimos vinte anos, pasando polos clásicos da historia da fotografía do século XX-, propoñen ao espectador unha íntima exploración inestable, condicionada polas continuas transformacións ás que se ten de enfrentar o ser humano, arredor dunha pregunta: ¿que é o que significa estar no mundo, que relación establecemos co mundo que nos rodea?

O título da exposición, A morada do home, procede dun verso dun dos últmos poemas de Friedrich Hölderlin sobre a cuestión de como o home habita o mundo e da brillante análise que o filósofo Martin Heidegger escribiu sobre el. Nun sentido máis amplo, esta temática é unha característica esencial da obra de moitos artistas. Sen embargo, investigando a colección de Martin Z. Margulies foi posíbel crear unha exposición que explorar os diferentes aspectos deste asunto a partir dos tres bloques temáticos que artellan a mostra: Construír, habitar: cartografar os territorios, Estar no mundo e Fluxos, signos e símbolos.

Fonte: Fundación Barrié de la Maza