Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Adán Vallecillo. Pintura política (Fotos da acción: Esperanza Mejía)
> Adán Vallecillo. Pintura política
Datas: 27/09/2013 - 30/11/2013

Descrición

Pintura política é un proxecto de Adán Vallecillo realizado no verán de 2012, que se presenta por primeira vez neste espazo vigués. Unha proposta que reivindica unha presenza activa da arte na sociedade e que tamén ironiza sobre a manipulación política deste. Honduras é un país cunha democracia débil, auspiciada por un goberno en conivencia co exército, que se mantén baixo a indiferenza dos países occidentais que permanecen expectantes e pasivos ante unha situación de pseudodemocracia latente.

En 2009 durante a crise constitucional, Manuel Zelaya primeiro ministro electo democraticamente, foi apartado do goberno e substituído por Roberto Micheletti que subiu ao poder co apoio do exército. Ante os ollos atónitos dos países veciños e de occidente a transición levouse a cabo rapidamente, todo baixo unha estratexia disfrazada de democrática pero que albergaba un golpe de estado encuberto. Nada cambiou dende entón e xa no presente, co goberno de Porfirio Lobo o país experimentou un claro retroceso con graves violacións dos dereitos humanos. É neste complexo escenario onde tivo lugar unha manifestación que serviu para reivindicar a figura de Manuel Zelaya e demandar unha democracia real nun país que non pode garantila.
Adán Vallecillo participou activamente nesta concentración realizando a performance Pintura política, acción na que sostiña un nivel de carpinteiro ao que previamente pegara unha paleta de pintor nun vermello vibrante a xeito de estandarte, que elevaba e se confundía coas outras pancartas ondeantesdespregadas durante a marcha. Ao final do percorrido montou un cabalete de pintura tipo "plein air" ao que adaptou "a bandeira", xurdindo ante ollos dos participantes un estraño artefacto de cuxo interior extraía uns panfletos que ía repartindo entre os transeúntes.
Fonte: PM8