Atalaia

Alberto García-Alix. O paraíso dos crentes
> Alberto García-Alix. O paraíso dos crentes
Datas: 11/12/2013 - 16/02/2014

Comisariado

Nicolás Combarro

Descrición

A través desta mostra, comisariada por Nicolás Combarro, amósanse 60 fotografías e unha nova obra audiovisual a través das cales o autor indaga na relación entre o texto e a fotografía. Froito deste proxecto é tamén un novo libro homónimo editado por Cabeza de Chorlito/La Oficina.

Imaxe e palabra compleméntanse nesta mostra, empregando a metáfora como fío condutor, o que permite crear ao autor un vínculo entre ambas as dúas. É a través deste recurso como o artista integra elementos dispares, ademais de servirlle para crear unha nova representación que ofrecer ao espectador.

Na obra audiovisual, peza clave da mostra, Alberto García-Alix constrúe un relato a través das súas fotografías que converte na súa propia confesión, na que integra realidade e cción; fotografía e texto. Apaixonado da novela histórica e de ficción, o artista chega a facer seus pasaxes literarias creadas por Joseph Conrad ou Louis Ferdinand Céline que reflicte na súa produción.

Fonte: Concello de A Coruña

O paraíso dos crentes

Entrevista. La Voz de Galicia

Reportaxe. Zigzag (TVG)