Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Alberto Vázquez. Yo soy así I. 2012. Pluma e acuarela sobre papel
> Alberto Vázquez. Comunicación non verbal
Datas: 08/08/2013 - 08/09/2013

Descrición

A exposición Comunicación non verbal de Alberto Vázquez amosa unha escolma de corenta e sete ilustracións orixinais publicadas na sección de psicoloxía de El País Semanal. Mediante o uso do trazo da plumiña e de acuarelas con gamas de cor limitadas, as ilustracións reflicten ideas cunha intención claramente narrativa. Son ideas sinxelas e directas que pretenden complementar ao texto que acompañan.

Estes debuxos edítanse xunto ao texto, pero ás veces comunican o contrario. Unha das premisas coas que Alberto Vázquez traballa é que a ilustración ha de ter sentido por si mesma. A obra debe entenderse independentemente do texto e debe ter unha voz propia. A opinión dun debuxo é tan importante como as palabras.
A ilustración ten que comunicar e tentar deixar unha pequena reflexión, sexa cal sexa o súa formalización. Ao ser temáticas sobre a psicoloxía humana, adoita traballar con sentimentos contraditorios. Intenta interiorizalos e pasalos pola súa experiencia para poder darlles certa credibilidade. Para o autor é máis interesante traballar con sentimentos reais e honestos aínda que posúan a carga de enerxía negativa que iso leva consigo. Os sentimentos negativos transmiten máis forza que os positivos e fan reflexionar o lector.
Fonte: Galería 9THE13