Atalaia

Amando. Vacas.
> Amando. Matadoiro 1983 / Vacas
Datas: 04/10/2012 - 30/12/2012

Comisariado

Ania González

Descrición

Matadoiro 1983 é un proxecto expositivo, unha experiencia plástica, un programa educativo e un proceso de pensamento en torno ao cosmos estético e xeográfico de Amando (Vigo, 1951), no que se encontra, aínda por ouvir, un dos relatos da nosa historia da arte máis recente.

O feito fundamental de Matadoiro 1983 constitúeo a exposición da serie pictórica Vacas, de Amando, no Museo do Mar de Galicia, ubicado no antigo matadoiro municipal de Vigo (1932-1982). Un conxunto arquitectónico inaugurado no ano 2002, cuxa rehabilitación para novos usos foi ideada polo falecido arquitecto Aldo Rossi (Milán, 1931-1997) e continuada polo tamén arquitecto Cesar Portela (Pontevedra, 1937).

Matadoiro 1983 é un proxecto plural que se compón dunha exposición, un documental, un seminario, un ciclo de cine, actividades didácticas e unha edición.

LINK: Matadoiro 1983

Fonte: Museo do Mar