Atalaia

Ana Seoane. Sen título, 2011. Óleo sobre papel, 100 x 70 cm
> Ana Seoane. Como gustéis
Datas: 16/09/2011 - 01/11/2011

Artistas

Ana Seoane

Descrición

Observando as esceas que se nos mostran nestas pinturas de Ana Seoane (A Coruña, 1981), o que podemos apreciar, nun primeiro golpe de vista, é un inmenso espazo de baleiro e silencio; xente anónima que, en solitario ou agrupada nun número que nunca chega a conformar masa humana, observa, transitando ou tras un alto no seu camiño, algo que nós non podemos percibir. A presencia destes personaxes, que non mostran unha identidade a través do seu rostro, nun espazo onde nos faltan referencias para situármonos, lévanos a un interrogante que xorde de inmediato a partir da nosa mirada: Que ocorre nestes espazos habitados por seres anónimos sen unha identidade precisa? No límite deste interrogante aparecen aqueles outros que podemos facernos sobre a nosa propia identidade e caemos na conta, neste proceso de observación e contemplación dos lenzos, que é a identidade aberta e indefinida, precisamente, o que nos desacouga e produce inquedanza.

Juan Carlos Meana (fragmento do texto do catálogo)

Fonte: Galería 9THE13