Atalaia

Vista da Sala Rosa, do espazo Arte Menudo, coa recreación/instalación warholiana das 'Nubes de prata'.
> Andy Warhol. Nubes de prata
Datas: 19/07/2012 - 15/09/2012

Artistas

Andy Warhol

Comisariado

Marta Prieto

Descrición

As Nubes de prata (Silver Clouds), foron unhas obras de carácter escultórico que Andy Warhol desenvolveu nos anos 1968-1969. Realizadas a partir dun material plástico -mylar, un tipo de poliéster así denominado a partir dunha marca comercializadora estadounidense, que é usado industrialmente para envolver e preservar alimentos ou embotellar líquidos como a auga mineral-, estas esculturas son moi coñecidas e populares polo seu aspecto de almofada ou de globos inflados, suspendidos no teito das estancias, acadando así esa idea-semellanza de nubes prateadas.

Con este punto de partida, e botando man das Silver Clouds procedentes dunha colección particular, o espazo Arte Menudo transforma unha das súas estancias, a Sala Rosa, para ofrecer unha especie de instalación e homenaxear tamén así ao artista que facía da arte un negocio e dos negocios unha arte.

"Metínme un par de veces en cousas de tecnoloxía. Unha delas veces foi cando pensei que era a fin da miña arte. Eu crín que estaba realmente acabado, e daquela, para poñer punto final a miña carreira artística, fixen uns coxíns prateados que podía inflar como globos e deixalos voar”. (Andy Warhol, a propósito das súas Nubes de prata, 1968).

Fonte: Galería Artemenudo / Atalaia