Atalaia

Vista da exposición
> Anselm Kiefer. Un mestre da pintura
Datas: 06/06/2013 - 03/11/2013

Artistas

Anselm Kiefer

Descrición

Anselm Kiefer. Un mestre da pintura é unha escolma de obras do pintor e escultor alemán Anselm Kiefer, un dos artistas contemporáneos máis recoñecidos. Kiefer, que expuxo en espazos como a Documenta de Kassel (Alemania) ou a Bienal de Venecia, conta cunha ampla e vizosa traxectoria, na que tamén traballou a instalación e o happening e na cal seguiu o ronsel dun dos seus mestres, Joseph Beuys. 

Anselm Kiefer é, sen dúbida, un dos creadores referenciales da arte contemporánea, interesado, desde hai cinco décadas, en recuperar a dimensión épica da pintura, abordando a historia traumática da nosa época sen perder nunca de vista o elemento poético. 

A exposición permite ao espectador reconsiderar unha obra de enorme intensidade e densidad cultural. Desde as paisaxes post-románticos, nos que o rastro da guerra e a destrución é evidente, ás alegorías dos traumas inscritos na memoria europea, Kiefer modula acontecementos dunha escala dramática. 

Os libros de plomo, tan presentes no seu imaxinario, son o contrapunto, seica esperanzado, aos dispositivos bélicos que marcan o camiño da catástrofe que aínda está despregándose. A través desta serie de 18 cadros, obras sobre papel e esculturas, o MAC quere render homenaxe a un dos grandes protagonistas da arte actual.

Fonte: MAC