Atalaia

Antón Pulido. Ceo amarelo. 1990
> Antón Pulido. Antolóxica
Datas: 25/09/2014 - 22/11/2014

Artistas

Antón Pulido

Descrición

Antón Pulido. Antolóxica percorre a vida e obra do singular pintor. O seu traballo está centrado nunha investigación plástica que dialoga coa tradición. Así, o artista ourensán segue as indagacións dunha parte das correntes artísticas das últimas décadas, equidistante entre as tendencias puramente formalistas e as máis viradas cara a posicións máis expresivas e expansivas. Nas súas creacións, como nunha parte da arte moderna, a pintura semella retroceder sobre si mesma e reconsiderar os seus principios fundamentais, dando énfase á valoración autónoma de materia, figura e cor.

Fonte: Afundación

Vídeo da exposición