Atalaia

Carlos Pazos e Antoni Miralda
> Antoni Miralda + Carlos Pazos. Alimón
Datas: 15/12/2011 - 30/01/2012

Descrición

A tentación ten dous compoñentes fundamentais, un interno: Antoni Miralda (Terrasa, Barcelona, 1942) e Carlos Pazos (Barcelona, 1949), e un externo: Trinta. Di Santiago: "senón que cada un é tentado cando da súa propia concupiscencia é atraído e seducido" (Stgo.1:14). Non é difícil interpretar aquí, que para que teña efecto unha tontería, temos que ser atraídos e seducidos sobre a base dun desexo xa existente en nós, por tanto o compoñente interno da tentación é definido como concupiscencia.

- Non sabedes que coa comida non se xoga?

Pazos: Iso me dicían na casa cando, de neno, obrigábanme a comer en demasía. Para intentar en van disimular a miña inapetencia, pola comida e pola vida, xogaba con ela a ver se no intento se perdía a pelota. Cando me independicei da familia e comer deixou de ser unha pesada obriga, comecei a exercitar as papilas gustativas e a esquecer a alimentación como algo pesaroso. A pregunta, en todo caso, pareceriame hoxe máis oportuna para Ferrán Adrià.

Miralda: Imaxino que esta prohibición forma parte da ladaíña do tabú dalgunha homilía papal. ¡Fagan xogo! Ensalivada ou por ensalivar. A cociña foi sempre un espectáculo... só hai que observar e ouvír unha ola a presión. O ritual de cociñar é toda unha coreografía, unha ópera. Hoxe en día está magnificada desde o momento no que se cree que pode cambiar de status. Creo na comida para alimentar, como sinal de identidade dunha cultura. Hoxe converteuse nunha moda produto dos excesos mediáticos e dos excesos económicos. Detrás están os intereses de grandes multinacionais que trafican con alimentos. Pero esa cociña-laboratorio existe hai moito tempo. Hai algo máis extraordinario que unha pastilliña de dous centímetros cúbicos de concentrado que asegura conter tres polos no seu interior?

- Anoréxicos ou bulímicos?

Pazos: Son anoréxico da vida. Pero, como radical e contraditorio en todas as miñas manifestacións, imposibilitado de exercer o xusto equilibrio, sexa do tipo que sexa, declárome un bulímico insaciable. É unha actitude que pretende molestar por exceso. Sempre foi peor vista que a represión, asimilación hipócrita da austeridade.

Miralda: Bulímico, por suposto. Son máis de excesos, daqueles que o comerían todo. Meu traballo está baseado no proceso e no exceso, por algo me chamaban Doctor Kitschlove. Son da parte chea, non do baleiro. A autocensura non me interesa.

- Estreñidos ou diarreicos?

Pazos: Diarreico, por suposto. Non quero que me quede calderilla no peto. É unha forma natural para que a bulimia non leve á obesidade. Na vida tamén evita o cancro que nos pode producir un exceso de actividade acumulativa e aproveitadora. Como catalán, a idea de aproveitalo todo paréceme unha necesidade inmediata; como membro activo desta sociedade non entendo o despilfarro. Xa se me ve o plumeiro cando triunfo como Dióxenes no campo artístico.

Miralda: Son fan da cultura popular... os caganers, os refráns como o comer e o cagar, con repouso hánse tomar, e dentro da miña cultura está impresa a idea catalana do cagar bé. Desde logo considero que mandan os estreñidos, son os que o controlan todo. A gravata vai unida ao control. Ninguén se pode permitir o xesto de irse polas pernas nunha poxa millonaria, falando metafórica e literalmente. Interésame a pílula que permite expulsar todo o que non se debe gardar e a arte, repito, non pode reprimir. Diarreico. Tres ciruelas para o almorzo desde 1996.

- Segundo Dalí: espinacas ou langosta?

Pazos: De neno nunca me gustou Popeye, a súa forma de deglutir as espinacas ao bestia, directamente da lata, parecíame algo noxento. Aínda por riba, estaba namorado de Oliva Oil. Imaxinábao aderezando os flans de pastoso vexetal cun bico da súa noiva. De neno, tampouco gustaba do aceite. A langosta é un dos meus manxares favoritos. O seu vestido erecto, articulado, acoirazado, de matices púrpura resúltame do máis harmonioso comparado coa decaída flaccidez desas verduras de serie B cuxa cor, o verde, só utilizo de fondo cando quero degradar algunha expresión plástica.

Miralda: Non adoito comer espinacas pero teño que recoñecer que ocuparon unha parte importante do meu traballo en Power Food debido a Popeye e a súa campaña de defensa do seu suposto poder enerxético. A capacidade do marketing, que chega a crear un personaxe de debuxos animados para inducir desde a nenez ao consumo dunhas verduras que en Estados Unidos non gustaban, fascinóume, sobre todo despois de descubrir que todo se baseaba nun erro de cálculo dun científico que coloca mal a coma e o cero ao calificalas. Foi un gustazo descubrir que o MITO era un TIMO. Con respecto á langosta, declárome daliniano. Xa en 1984 crei a lámpada Lobster-Dream para o Restaurante Tapas Bar El Internacional de Nova York como alusión a isa mestura tan catalana que é o mar e a montaña.

- Que ides facer ó Alimón?

Algún trasno planificou este encontro que ten, ninguén nolo pode negar, algo de bruxaría galega. Imos alimonar unha cea (con ou sen limón), imos alimonar os praceres do gusto e, ao mesmo tempo, alimentar as tentacións duns cantos comensais. Será unha acción artística comestible. Unha instalación no tempo. Sen olvidar nunca que non hai pan para tanto chourizo.

Fonte: Galería Trinta (decembro 2011).