Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

> ARCO Madrid 2011
Espazo: ARCO Madrid
Datas: 16/02/2011 - 20/02/2011

Dirección

Carlos Urroz

Descrición

A Feira Internacional de Arte Contemporánea ARCO_madrid celebrará o seu 30 aniversario do mércores 16 ao domingo 20 de febreiro, nos pavillóns 8 e 10 de Ifema. Feira de Madrid. O certame conmemorará as súas tres décadas de existencia con diversas actividades, salientando entre elas unha especial mostra conmemorativa.

Un total de 197 galerías ofrecerán na feira un percorrido por un perfecto contraste de linguaxes, soportes e manifestacións artísticas. O Programa General, xunto coa súa segmentación ARCO40, combinará os grandes mestres do século XX co máis reciente dos creadores novos. Dous programas comisariados recollerán as propostas máis rupturistas: Solo Projects, con stands dedicados a un só artista, orientados nesta ocasión cara a creación emerxente latinoamericana, e Opening, unha nova sección que ofrecerá proxectos galerísticos europeos cunha antigüidade inferior aos oito anos. O programa expositivo completarase con Focus Rusia, unha sección de oito galerías e dez instituciones que presentarán a arte contemporánea de Rusia, como país convidado desta trixesima edición de ARCO_madrid.

Outra das grandes novidades é o lanzamento da Aplicación de ARCO_madrid para iPad e iPhone, que pódese descargar gratuitamente en iTunes, e permitirá aos visitantes planificar a súa visita e coñecer de xeito virtual as obras que estarán expostas na feria.

Ademais da parte expositiva, prestixiosos profesionais, intelectuais, artistas, filósofos e fundacións participarán en interesantes encontros e relatorios. Dunha banda, o Foro, que desenvolverá conferencias, centradas en Rusia e o Coleccionismo; e doutra, os Encuentros Profesionales.

En resumo, ARCO_madrid_2011 convertirá novamente a Madrid no punto de encontro da arte contemporánea durante o mes de febreiro, e contribuirá á consolidación da cidade como unha das grandes capitais culturais europeas.

QUE: ARCO_madrid | Feria Internacional de Arte Contemporáneo | 30 Aniversario

CANDO: do mércores 16 ao domingo 20 de febreiro do 2011 | A partir do venres 18, aberto ao público

ONDE: pavillóns 8 e 10 da Feria de Madrid

PREZO: días profesionais (16 e 17): pase profesional

             días abertos ao público (18, 19 e 20): entrada de 32 euros

Fonte: ARCO_madrid / Ifema. Feria de Madrid