ARisaProvénDunhaEsperaQueSubitamenteSeResolveEnNada agrupanse unha serie de vídeos de curta duración nos que se abordan cuestións que van desde a repetición da vida cotiá á apropiación e a fama. Nesta exposición colectiva participan David Crespo (León, 1984), Ignacio García Gómez del Valle (Tenerife, 1978), Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978), Liam O’Callagham (Ireland,1968) e Diego Vites (O Grove, 1986).
Unha mirada distanciada da parafernalia e o artificio, sin grandilocuencias, tal vez prosaica pero que permite ao espectador restablecer una relación de cercanía coa arte actual.
David Crespo (León, 1984), licenciado en Belas Artes por a Universidade de Vigo, realiza proxectos interdisciplinares (fotografía, vídeo, performance) que se moven entre o ridículo e o absurdo. Inspirado no cotián, interésalle tomarse a práctica artística coma un acto lúdico que lle serve para relacionar arte e vida. Se a vida non te trata en serio, fai tu o mesmo.
Ignacio García Gómez el Valle (Tenerife, 1978) é licenciado en Belas Artes por a Universidade de Vigo. Alterna a práctica artística coa actividade curatorial e a docencia. É cofundador de NODE. Center for Curatorial Studies. Berlin. En 2012 crea unha plataforma de difusión de oportunidades para curadores e xestores culturais chamada Callforcurators.com, onde traballa actualmente.
Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978), licenciada en Belas Artes por a Universidade de Vigo, é performer e artista visual, o seu traballo está a medio camiño entre a performance, o video e a escultura, profundizando no potencial documental do medio performático, nunha obra que acusa unha forte tendencia cara a linguaxe escultórica e a experimentación acústica.
Liam O’Callagham (Ireland, 1968), graduado por Dun Laoghaire College of Art and Design de Dublín, é artista visual, o seu traballo entra nun territorio híbrido entre a escultura a fotografía e o vídeo. Realiza esculturas con obxectos cos que estamos habituados a convivir, ensamblandoos e mostrando así a estructura da súa construcción, invitando de este modo a crear significados que van mais alá das súas partes constituintes.
Diego Vites (O Grove, 1986), licenciado en Belas Artes pola Universidad de La Laguna, funda xunto con outros artistas El Apartamento, centro de producción situado en Santa Cruz de Tenerife, no 2010 regresa a Galicia onde codirixe o FAC (Furancho de Arte Contemporáneo). A súa obra establece relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o vídeo nuna construción de realidade deliberadamente mediada por as imaxes da Historia da Arte.
Fonte: Espazo miramemira