Atalaia

Mladen Stilinovic. Artist at Work. 1978
> As tácticas do adversario
Datas: 28/10/2013 - 30/01/2014

Comisariado

Manuel Segade

Descrición

NORMAL presenta un novo proxecto artístico colectivo en que a videoarte, as instalacións e as accións establecen un diálogo polémico entre o poder e o activismo artístico, presente máis que nunca nas rúas e nos lugares públicos e privados. Espazos ocupados, comunitarios, como síntomas da vontade de debate e de transgresión.

Un proxecto que se presenta como un campo de intervención e de mediación entre a cidadanía posta en pé, a necesidade de potenciar unha arte que sostén e urxe unha democracia radical cara á transformación e a subversión dos paradigmas hexemónicos.

A táctica do adversario vese desvelada nestas pezas de videoarte que amosan espazos activos, conflitivos e opostos á aceptación da norma. As propostas destes artistas internacionais deseñan un abano de tácticas que pretenden activar a tensión política que o espectador, como cidadán, constrúe mediante o debate, a negociación ou a confrontación.

NORMAL, nestes momentos de crise e de interrogantes, transfórmase máis que nunca nun espazo común, experimental, aberto á cidadanía e xerador de políticas culturais críticas.

Fonte: Normal

Vídeo da exposición

Reportaxe en ZigZag Diario (TVG)