Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Axel Hütte. Fünt Weiher–II. 2010. D-print. 115 x 145 cm
> Axel Hütte. Paisaxe escindida
Datas: 26/09/2013 - 01/12/2013

Artistas

Axel Hütte

Comisariado

David Barro

Descrición

Axel Hütte forma parte da xeración de fotógrafos xurdidos na prestixiosa escola de Düsseldorf. A súa obra está presente en importantes coleccións como as do Centre Georges Pompidou de París, a Fundación Jumex en México DF, a Hamburger Kunsthalle en Alemaña ou o Museo Reina Sofía de Madrid.

A exposición, comisariada por David Barro, conta cun total de 24 obras de gran formato e é unha reflexión sobre o seu traballo en relación coa historia da pintura.

Co título Axel Hütte. Paisaxe escindida preséntase unha exposición e un libro que inciden en como un artista como Axel Hütte (Essen, Alemaña, 1951) inaugura unha nova forma de mirar e reflexionar sobre a paisaxe como xénero. Nas súas imaxes todo permanece aberto e o que podemos ver é tan importante como o que non accedemos a ver. É a imaxinación a que completa os fragmentos que permanecen baleiros; o subxectivo, o persoal, cobra un protagonismo esencial.

A tensión entre o que se esconde e o que se amosa pode ligarse á paisaxe como desposesión propia do Romanticismo, cando desaparecen as figuras e os horizontes ábrense cara ao todo e cara á nada, e a viaxe tórnase unha experiencia máis interior. Isto é así cando Axel Hütte penetra no escuro das cidades, cando se sitúa ante unha paisaxe densamente anubrada ou as veces que se mergulla na auga para capturar o reflexo, desdobrando a realidade.

Fonte: Concello de A Coruña