Atalaia

Baldo Ramos. Os ollos das palabras. 2011. Libro de artista. Exemplar único. Papel Aquarelle Arches 300 gr. 40x59 cm.
> Baldo Ramos. Branco. Negro. Vermello
Datas: 08/06/2012 - 10/07/2012

Artistas

Baldo Ramos

Descrición

Baldo Ramos (Celanova -Ourense-, 1971), presenta na Galería Clérigos de Lugo unha serie de traballos nos que abonda na súa vocación polos cruces entre a imaxe e o texto, o grafismo e a poesía, o significante do trazo e o significado da palabra escrita. Estampas de gran formato, papeis especiais, obras únicas, derivas cara o formato e idea de Libro de artista ou Edición, lévannos diante duns resultados nos que, nesta ocasión, ademais, tén lugar unha nova encrucillada, a do xogo das cores coa presencia do branco, do negro e do vermello que dan título á mostra.

Fonte: Atalaia