A exposición Teorema (interrumpido), de Bernardí Roig (Palma de Mallorca, 1965), recompila o que podemos denominar as súas pezas fílmicas, isto é, aquelas nas que o elemento central ten que ver coa cita cinematográfica nunha estratexia moi pecular de apropiacionismo que dá lugar a imaxes dialécticas. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, ofrece unha escolla de obras nas que o artista mallorquín reinterpreta, entre outros exemplos: Blow Up, de Michelangelo Antonioni, Blue Velvet, de David Lynch, Teorema, de Pier Paolo Pasolini, Gritos y susurros, de Ingmar Bergman, El enigma de Gaspar Hauser, de Werner Herzog, Camaleón, de John Lesley, El año pasado en Marienbad, de Alain Resnais, Nostalgia, de Andrei Tarkovsky ou El italiano, baseado nun texto do escritor austriaco Thomas Bernhard. O apropiacionismo de Bernardí Roig non ten nada que ver coa anestesia do gusto que está na base dos ready-mades, ao contrario, as súas eleccións teñen que ver cunha cartografía estética persoal na que non se detén no acto ritual da simple homenaxe senón que tira partido do que Comolli cualificara como a fatalidade ficcional do cine. Teorema (interrumpido) é a primeira escolla curatorial das pezas fílmicas e as vídeo-instalacións de Bernardí Roig.
Con motivo desta mostra editarase un libro con textos de Fernando Castro Flórez, Miguel Ángel Hernández Navarro, Enrique Vila-Matas, Alberto Ruiz de Samaniego e Omar Calabrese.
Fonte: Fundación Seoane