A trama xeométrica que pauta dende hai anos o traballo pictórico de Bosco Caride sufriu innumerables reencarnacións e picos de visibilidade nas súas diferentes aparicións expositivas. Se en ocasións agroma a estrutura máis profunda como extrema estilización abstracta, noutras —impulsada quizais por unha especie de pudor ontolóxico— prefire recubrirse coa pel lixeira do verismo fotográfico e camuflarse de incidente urbano.
Texto: Ánxel Cerviño