Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

> Caruncho, sempre (1925-2016)
Datas: 05/05/2017 - 09/09/2017

Artistas

Luis Caruncho

Descrición

Esta mostra antolóxica dedicada a Luís Caruncho reúne sesenta obras, seleccionadas por Miguel Fernández-Cid nas que ofrece a evolución do pintor ao longo da súa vida. Proposta inicialmente como homenaxe para conmemorar unha data redonda na vida de Luis Caruncho (A Coruña 1929 – Madrid 2016), esta exposición debíase preparar xunto a el, como repaso dialogado a unha traxectoria intensa. A morte do artista fai que Caruncho,sempre teña un carácter especial, como a súa primeira evocación global en imaxes. O inicial percorrido por obras incontestables, a suma de valores sólidos, deixa paso agora a un retrato no que o persoal asoma noutro grupo de obras menos coñecidas, algunhas apenas expostas, gardadas nos recantos do taller, a carón de bosquexos e mais algún proxecto á espera do momento de ser desenvolvido. Unha exposición centrada en ideas clave na traxectoria de Caruncho, como a investigación, o construtivo, a orde interna, o xogo, a medida, a vida, o traballo, a arte, Galicia ou unha práctica cálida do diálogo, visible nas súas homenaxes.

Fonte: Museo de Pontevedra