Atalaia

Chelo Matesanz. Taller Sexualidade metafórica
> Chelo Matesanz. Sexualidade metafórica
Datas: 08/04/2014 - 10/04/2014

Artistas

Chelo Matesanz

Descrición

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) organiza o taller Sexualidade metafórica dirixido pola artista cántabra Chelo Matesanz. Esta iniciativa non pretende atender a cuestións sexuais, senón á sexualidade como linguaxe. Códigos de comunicación, modos e modelos colectivos que evolucionaron e seguen a evolucionar ao ritmo dunha sociedade que se constrúe a través dos medios de comunicación, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Unha sociedade de consumo que se nutre de imaxes e obxectos de uso cotián que no universo publicitario mudan e adoptan formas de clara suxestión sexual coa intención de facelos máis desexables. Son metáforas, figuras retóricas ou recursos que alteran ou multiplican os significados.

Este taller comeza cunha visita polas salas do CGAC á exposición individual da artista ‘As miñas cousas en observación’. Analizarase a mostra desde a perspectiva proposta. A continuación, terá lugar unha conversa sobre sexualidade metafórica na arte contemporánea, na que se verán e se discutirán diferentes exemplos e opinións.

Despois abórdanse as formas de suxestión sexual desde a práctica, experimentando coa construción das pezas e analizando os recursos que cada participante pensa utilizar para fabricar a súa propia metáfora, como obxectos, textos ou imaxes cuxa literalidade non estableza representacións naturalistas, senón que circunde ou proxecte unha carga sexual.

O taller está dirixido a artistas, estudantes de Belas Artes, Historia da Arte, Humanidades, Filosofía, Ciencias Políticas, Periodismo, Publicidade, Mercadotecnia, Deseño de Produtos e calquera persoa interesada nas artes plásticas, a expresión artística e o tema proposto no taller.

Fonte: CGAC

Entrevista a Chelo Matesanz. Espacio de arte. Correo TV (22/05/14)

 

TALLER CON CHELO MATESANZ. SEXUALIDADE METAFÓRICA

O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.

Pensemos na cantidade de exemplos actuais de anuncios publicitarios nos que obxectos de uso cotián proxectan ou adoptan formas de clara suxestión sexual coa intención de facelos máis desexables para o consumidor. A sexualidade habería que entendela como unha linguaxe ampla e determinante, que establece modos e modelos de correspondencia, que evoluciona ao ritmo dunha sociedade e se vai facendo colectiva a través da tecnoloxía e as novas ferramentas da comunicación.

A linguaxe estableceu normas e códigos para unha compresión exacta da información que transmite, pero a metáfora é a figura retórica, o recurso, que pode alterar ese significado das palabras escritas, proxectando, relacionando, e facendo semellante o que en principio non o é.

O taller comezará cunha visita á exposición, que se analizará desde a perspectiva proposta como tema. A seguir, terá lugar unha conversa sobre sexualidade metafórica na arte contemporánea, na que se verán e se discutirán diferentes exemplos e opinións. Despois abordaranse as formas de suxestión sexual desde a práctica, experimentando coa construción das pezas e analizarando os recursos que cada participante pensa utilizar para fabricar a súa propia metáfora: obxectos (ou imaxes) cuxa literalidade non estableza representacións naturalistas, senón que circunde a devandita carga sexual e a proxecte.

A proposta está aberta a todo tipo de público. Non é necesario ter un coñecemento previo da arte, basta con compartir os códigos que todos entendemos e manexamos para construír linguaxe. A actividade que se desenvolverá no taller será eminentemente práctica e consistirá en construír metáforas a través de situacións, obxectos, imaxes, etc

- See more at: http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/61/taller-con-chelo-matesanz#sthash.Evw0yUpQ.dpuf