Atalaia

Christian García Bello. 'Sinaí (Límite)', 'Sen título', 'Puso a su alrededor la oscuridad por tienda' e 'Las siete trompetas', todas de 2012 e presentes na mostra 'Por eso te recuerdo desde', Galería 9THE13, A Coruña.
> Christian García Bello. Por eso te recuerdo desde
Datas: 19/10/2012 - 14/12/2012

Descrición

"O título, ao xeito dunha  frase incompleta, remata cunha preposición que indica un punto, en tempo ou lugar, do que procede, orixínase ou comezará a contarse unha cousa, un feito o unha distancia. E neste caso é a paisaxe a que actúa como punto de partida. Ou como punto ao que retornar.

Este ten unha carga emocional contida na mirada, que é o acto que convirte á paraxe en paisaxe, e disa forma a paisaxe acada significación por si mesma e actúa como chanzo cara outras construcións poéticas.

Un exemplo disto é o carácter simbólico do que gozan elementos da paisaxe nos libros de carácter espiritual como a Biblia, por iso algunhas das súas pasaxes serviron como punto de partida nas obras desta exposición. O propio título da mostra é parte do sétimo versículo do salmo 42 que di: "A miña alma, no meu interior, aflíxese, por iso che recordo desde a rexión do Xordán, desde o Hermón e o monte de Misar". Neste versículo, a paisaxe acada un carácter persoal e de peregrinación. Tamén no Tédeum Real (Sal 18) atopamos referencias notables a unha paisaxe totalmente metafórica ata o punto no que algúns dos seus elementos semellan mesturarse coa idea de Deus, dándolle ao salmo certo carácter panteísta. Por iso, a primeira peza da exposición leva por título parte do décimo segundo versículo deste salmo, que di "puxo ao seu redor a escuridade por tenda, auga de tebras e neboeiros espesos". A peza situada no estremo contrario a ista, titulada Sinaí (Límite) fai un chiscadelo á pasaxe de Moisés no monte Sinaí, o seu cumio ennegrecido polo lume (Ex 19, 18) e o límite marcado ao pé do mesmo (Ex 18, 21) que remata por outorgar unha completa solemnidade ao lugar onde se produce a escena. Finalmente, a referencia máis clara de toda a exposición está na serie de sete debuxos titulada Las siete trompetas, en alusión a este coñecido pasaxe (Ap 8,7).

Outras referencias máis veladas pero igual de importantes poderían ser as poesías de Antonio Machado ou Arseni Tarkovski. Nelas, elementos da natureza son empregados dun xeito metafórico e acadan un carácter case sagrado que serve como chanzo para chegar a unha elevada cota de emotividade.

Toda a exposición, así como a miña investigación dos últimos anos, xira arredor da idea de que a paisaxe esixe como condición para a súa existencia unha mirada cun carácter emocional, e no caso das obras recollidas na mostra, ese carácter viña tinxido dun sentimento de nostalxia, de saudade."

Texto: Christian García Bello (A Coruña, 1986)

LINK: PDF Catálogo

LINK: Vídeo entrevista no programa Espacio de Arte, Correo TV. 06/12/12

Fonte: Galería 9THE13