Artistas: Ignasi Aballí, Albano Afonso, Pedro Babeito, Herbert Brandl, Gerardo Burmester, Jean-Marc Bustamante, Manuel Caeiro, Pedro Calapez, Sandra Cinto, Paulo Climachauska, Gil Heitor Cortesão, Carlos Correia, José Pedro Croft, Ángela de la Cruz, Helmut Dorner, Suso Fandiño, Günther Forg, Curro González, Katharina Grosse, Imi Knoebel, Jonathan Lasker, Miki Leal, José Lourenço, Rita Magalhães, Fabian Marcaccio, Jason Martin, Tracey Moffatt, Miquel Mont, Nico Munuera, Álvaro Negro, Frank Nitsche, Yves Oppenheim, João Penalva, Perejaume, Fiona Rae, Andrei Roiter, Simeón Saiz Ruiz, Adrian Schiess, Shinique Smith, Teo Soriano, Jessica Stockholder, Ignacio Uriarte, Daniel Verbis, Manuel Vilariño, Peter Zimmermann, Otto Zitko.
A Fundación Barrié presenta por vez primeira na súa sede da Coruña a totalidade dos fondos da súa colección de pintura contemporánea internacional, iniciada en 2008 e construída sobre o tradicional apoio da fundación ás artes desde diversos ámbitos. A Colección está planteada coa fin de dar resposta á pregunta De que falamos cando falamos de pintura hoxe?.
A Colección integra a artistas galegos con presencia en coleccións internacionais (Ángela de la Cruz, Suso Fandiño, Álvaro Negro, Manuel Vilariño ou Pedro Barbeito) con valores emerxentes (Sandra Cinto, Andrei Roiter, Shinique Smith, Manuel Caeiro ou Yves Oppenheim), figuras consolidadas da pintura contemporánea española e internacional (Jason Martin, Daniel Verbis, Katharina Grosse, Simeón Saiz Ruiz, Günther Förg, Frank Nitsche) e nomes chave para a pintura da segunda metade do século XX (Imi Knoebel, Jonathan Lasker, Helmut Dorner, Jean-Marc Bustamante ou Jessica Stockholder).
A colección de pintura contemporánea internacional da Fundación Barrié implica un salto de longo alcance, xa que permitiu traer o mellor da pintura contemporánea internacional a Galicia e achegar os mellores valores da arte galega ao mundo, e todo isto cun enfoque marcadamente educativo, posto que aspira a ser unha ferramenta que permita artellar ao seu redor actividades enfocadas ao coñecemento, entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional dos últimos trinta anos. A inmediatez da súa propia presencia física nas sedes da fundación contribúe, como só a presenza real de cada peza pode permitir, a potenciar a capacidade crítica, estimular a creatividade e a expresividade daqueles que participan nestas actividades (obradoiros para escolares, actividades para familias, visitas guiadas, etc.).
Fonte: Fundación Barrié