Artistas: Albano Afonso - Stephan Balkenhol - Artur Barrio - Sergey Braktov - Jiri David - Willie Doherty - Valie Export - Annette Frick - Alberto García-Alix - Anna Bella Geiger - Robert Kinmont - Marie Jo-Lafontaine - Urs Lüthi - Anna Maria Maiolino - Boris Mikhailov - Munteam/Rosemblum - Carlos Pazos - Ulrike Rosenbach - Thomas Ruff - Regina Silveira - Beat Streuli - Gail Thacker - David Wojnarowicz - Akram Zaatari.
Cómo nos miran é unha exposición montada nunha parte da planta baixa do centro, a partir dunha selección dos fondos das coleccións do CGAC e da Fundación ARCO. Maioritariamente son traballos en soporte fotográfico os que penduran das paredes, de xeito que o retrato convértese no xénero predominante da proposta, facendo alusión aos xogos de miradas e as construcións da identidade como sinais diferenciais. Dúas proxeccións de vídeo, debuxo e pintura, xúntanse ás xigantescas tallas de madeira do alemán Stephan Balkenhol para completar os contidos desta mostra comisariada por Miguel von Hafe, director do CGAC.
Fonte: Atalaia