Atalaia

Helga de Alvear. (Fotografía: Luis Asín)
> De la generosidad. Colección Helga de Alvear
Datas: 23/03/2012 - 17/06/2012

Comisariado

Miguel von Hafe

Descrición

De la generosidad inscríbese nun ciclo de exposicións que, ao longo dos últimos anos, se veñen organizando a partir da colección da Fundación Helga de Alvear. Nesta ocasión, o CGAC acolle unha selección de obras deste singular acervo baixo o comisariado do seu director Miguel von Hafe Pérez.

 

Ao longo de máis de catro décadas, Helga de Alvear, galerista de orixe alemá, reuniu aquela que será a máis importante colección privada de arte contemporánea internacional de España. Integrada por máis de dúas mil cincocentas obras os seus fondos están depositados en terras estremeñas. Seguindo o espírito dunha colección que permanece en constante crecemento para responder o desexo de acompañar as transformacións e desenvolvementos e futuros da arte contemporánea, as salas do CGAC exhibirán case un cento de pezas  seleccionadas.

Partindo da premisa fundamental de que un acto de creación, máis alá do seu imperativo comunicacional e ético, podería ser visto no contexto desta sociedade tardocapitalista como un acto de xenerosidade, establécese aquí unha ponte metafórica co acto de coleccionar, principalmente cando este ten a súa raíz nun impulso privado con vocación pública.

Esta xenerosidade implica, por parte do coleccionista, a comprensión da obra de arte en canto estrutura culturalmente relevante na medida en que posibilita a creación de discursos abertos á lectura de terceiros. Así, estas obras, independentemente da súa valía económica, gañan densidade histórica, social e estética.

Partindo dun núcleo de obras do modernismo clásico (Morris Louis, Ad Reinhardt, Robert Motherwell, Manuel Rivera, Pablo Palazuelo...), a mostra desdóbrase en dous momentos cronoloxicamente consecutivos que, non obstante, dialogan constantemente entre eles: por un lado, as neovangardas e os dispositivos de cue stionamento das prácticas tradicionais característicos da arte dos anos sesenta e setenta (Joseph Kosuth, Ed Ruscha, Gordon Matta-Clark, Equipo Crónica…), e por outro, as prácticas contemporáneas, en particular aquelas que revisitan críticamente a modernidade.

 

Fonte: CGAC