Atalaia

Damian Ucieda. Intentando golpear ideas. 2014
> Damian Ucieda. Intentando golpear ideas
Datas: 04/03/2016 - 15/04/2016

Artistas

Damián Ucieda

Descrición

Nesta nova exposición da Fundación RAC sobre artistas emerxentes, Damian Ucieda presenta unha serie de doce fotografías en diferentes formatos e dous debuxos que ten como punto de partida traballos xa amosados, anteriormente, na Fundación Luís Seoane de A Coruña.

A mostra, que parte dunha colaboración entre dúas institucións do contexto galego, permite coñecer con maior profundidade o traballo deste artista.

Fonte: Fundación RAC