Atalaia

Dan Graham. Maqueta. 2011. 170x170x63 cm
> Dan Graham. Now
Datas: 18/11/2011 - 12/01/2012

Artistas

Dan Graham

Descrición

Exposición de proxectos recentes de Dran Graham (Urbana, Illinois, Estados Unidos, 1942), na que se presentan maquetas e estudios para futuras construcións, ademais dalgúns traballos fotográficos.

Considerado un dos artistas norteamericanos de referencia desde mediados dos anos 60, o traballo de Dan Graham desenvólvese en diversas frontes que abranguen desde o exercicio da escrita e da crítica de arte, ata a música, a fotografía, a performance ou o vídeo -con experimentos de cámaras e proxeccións retardadas-, pasando por instalacións nas que é recurrente o seu emprego do cristal-espello como material para xerar espazos ambivalentes cunha marcada apariencia minimalista. A partir dos anos 80 acentuará esta liña de traballo moi vinculada coa arquitectura, cos deseños e construcións dos seus Pavillions, así como outros proxectos para museos e espazos públicos. No ano 1997 celebrou unha ampla exposición no CGAC, onde se pode visitar a súa pirámide truncada de cristal instalada de xeito permanente na terraza do centro.

Fonte: Atalaia