Atalaia

Dúas vistas da mostra Niebla, de Din Matamoro, na Fundación Laxeiro, Vigo, 2012.
> Din Matamoro. Niebla
Datas: 11/10/2012 - 20/01/2013

Artistas

Din Matamoro

Descrición

A mostra de Din Matamoro (Vigo, 1958), Niebla, englóbase dentro do ciclo Entre mares que posibilita un intercambio anual de propostas mediterráneas e atlánticas entre Collblanc, Espai d’art de Castelló e a Fundación Laxeiro de Vigo.

Niebla é o título elixido polo artista galego para este proxecto, unha exposición composta na súa totalidade por acrílicos sobre lenzo. A néboa funciona como elemento unificador deste conxunto de obras que profundan na investigación que o artista leva realizando nos últimos anos sobre as posibilidades da captación da luz, entendida como esencia da cor. Unha liña de traballo que se sitúa no aspecto máis inmaterial da linguaxe pictórica.

A idea da néboa é utilizada para articular un proxecto expositivo formado por lenzos que, nun primeiro momento, poden parecer monocromos para, nunha mirada máis detida, descubrirnos cores ocultas que xorden detrás da néboa, facéndose cada vez máis presentes, nun xogo perceptivo que o artista consegue grazas ao seu dominio maxistral do cromatismo e unha depurada técnica persoal, produto de longos anos de investigación.

Fonte: Fundación Laxeiro