"Deberiamos alegrarnos sempre ante a sorpresa de que alguén nos rompa un pouco o soño do costume, quen sexa, non só o artista. Cando iso se dá, ademais, nunca é con ese fin, é só un xeito de contar a vida, pero certa vida, e que se dá en certo lugar. É coma se un obxecto fose un tipo de paxaro ou de réptil que nunca tivésemos visto porque pertence a outra paisaxe, a outro individuo. Só iso.
Texto: Elena Blasco
Fonte: Galería Trinta