Atalaia

Vista da exposición
> Emma Crichton. A place between
Datas: 07/02/2014 - 21/03/2014

Artistas

Emma Crichton

Descrición

Ó final de O zoo de cristal de Tenesse Williams, Tom, o protagonista da obra teatral di: “Fun moito máis lonxe. Porque o tempo é a distancia máis longa entre dous lugares...”

En certo modo A place between conforma a través da fotografía esa dimensión espacial e temporal da distancia, entre o lugar e a memoria. Tomando a forma dun diario visual, Emma Crichton, pon o foco entre persoas, animais, lugares ou obxectos, que no están aí só como cousas, senón como relato ou narración dun cambio de escena, que comeza cando fai un ano decide trasladarse dende Londres a Galicia, persoas cercanas, espazos próximos que a rodean e que xuntan e alongan os lugares, o mar, o ceo, as montañas.

Emma Crichton (Glasgow,1988) formouse en fotografía no Edinburgh College of Art, as súas influencias que van de Nan Goldin a Wolfgang Tillmans ou Lise Safarti, se reflicten nun traballo no que o cotiá formúlase dende distintas facetas, pero o mesmo tempo con unha unidade que se evidencia na montaxe expositiva. Nas súas fotografías hai ás veces algo etéreo que marcan unha distancia temporal no visual, refírome a esas veladuras por as que as imaxes deveñen transcurso e acadan certa entidade de memoria, de nostalxia. Memoria individual pero tamén colectiva, asociada, nalgún caso con certa ironía, a modelos do clasicismo.

O seu traballo ten sido exhibido recentemente en The World in London, The Photographers Gallery, Londres, Salon Photo Prize, Matt Roberts Arts Gallery, Londres, Futureproof, Street Level Gallery, Glasgow, Krakow Photomonth, Plac Nowyen en Cracovia, ou no Brooklyn Movie Lab, en Nova Iorque.

Fonte: Espazo miramemira

Vídeo da exposición