Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Vista da exposición
> Emma Ríos. Bella muerte
Datas: 01/10/2016 - 26/11/2016

Artistas

Emma Ríos

Descrición

Baixo o título de Bella Muerte, a ilustradora e debuxante de cómics Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976) presenta un conxunto de 72 obras orixinais pertencentes á primeira e segunda parte, esta última inédita en España, de Bella Muerte e I.D, o seu último traballo persoal.

Bella Muerte é un western de corte clásico que evoluciona ata transformarse nalgo completamente novo, onde o inesperado se converte en cotián. A primeira entrega de Bella Muerte foi nominada a varios premios Eisner en 2014: Sue DeConnick como mellor guionista, Emma Ríos por mejor lápis e entintado e mellor portada e Jordie Bellaire na categoría de mellor cor. A historia inspírase nos cantares de cego, romances de tradición oral que, acompañados por ilustracións en pregos de cordel, se populizarían en España entre os séculos XVII e XIX, un formato que Emma Ríos da a coñecer á guionista de Bella Muerte, Sue DeConnick, dando forma ambas creadoras a un relato escuro e poético de amor e vinganza no que dous mendigos contan as súa vivencias nunha pequena cidade do Oeste. 
 
Emma Ríos é unha autora que se forma a medio camiño entre a arquitectura e a autoedición, ata que consegue dedicarse profesionalmente á historieta en 2007. Fixo traballos para varias editoriais americanas como Boom! Studios, tras o que non tardaron en chegarlle os primeiros encargos en Marvel (tres miniseries e dous one-shots), así como colaboracións puntuais en Amazing Spider-man. Volve ao cómic de autor en 2013 da man de Image Comics, e en 2014 é nominada aos premios Will Eisner por Bella Muerte. Actualmente coedita a revista Island con Brandon Graham e traballa na miniserie de ciencia ficción Mirror coa artista malaia Hwei Lim, e en Bella Muerte con Kelly Sue DeConnick, unha obra para a que Ríos se empapou de clásicos do western e do cine xaponés a través da estética de autores como Sergio Leone ou Masaki Kobayashi coa fin de plasmar visualmente o ton visceral e poético do guión.

Fonte: Fundación Luis Seoane