Nesta mostra recóllese a segunda fase do proxecto expositivo En plenas facultades (a primeira estivera no Museo en marzo de 2013). Nela preséntase unha escolma da creación do profesorado de Belas Artes da Facultade de Pontevedra.
A exposición é froito da estreita colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Museo Provincial e a Facultade de Belas Artes, que uniron intereses comúns arredor das expresións da nosa cultura.
Fonte: Museo de Pontevedra