Atalaia

Álvaro de la Vega. Besta. 2010. Terracota. 30x30x10 cm
> Escultura de parede
Datas: 21/05/2010 - 21/06/2010

Descrición

Aínda que a obra escultórica adoita empregar a superficie do chan para manifestarse e así poder seren contemplada, nesta exposición preténdese achegar unha alternativa de ubicación abandonando o habitual plano horizontal e que, do mesmo xeito que se foran cadros, as paredes se transformen nunha nova maneira de presentar as obras.

Concorren artistas de diversas traxectorias e tendencias. Algunhas obras están realizadas con materiais clásicos, como madeira ou aceiro, e outras máis relacionadas con materiais procedentes das novas tecnoloxías.

Os artistas participantes son: Iván Prieto, Caxigueiro, Manuel Patinha, Bernardo Tejeda, Paulo Neves, Christian Villamide e Álvaro de la Vega.

Fonte. Galería Clérigos