Atalaia

Espacio Sirvent. Deseño e proxecto arquitectónico de Alfonso Penela, Vigo, 2004-06.
> Alfonso Penela. El algodón no engaña
Datas: 21/09/2011 - 21/09/2011

Descrición

Espacio Sirvent é unha nova proposta que a empresa Sirvent (Vigo), alén de seguir coa súa habitual liña de comercialización de mobiliario contemporáneo, vén de crear xunto co novo comisario Ángel Calvo Ulloa. A intención é ofrecer unha programación que reúna arte e deseño e que contemple as súas diferentes posibilidades e puntos de vista, achegando ao público un campo como o do deseño que, en ocasións, preséntase excesivamente hermético e xerar así un debate que posibilite a apertura de novas experiencias. A liña sobre a que camiñarán as intervencións foi elaborada polo equipo Sirvent e Ángel Calvo Ulloa, cunha axenda de actividades que se irán desvelando pouco a pouco.

Formulada coma unha partida de xadrez, o primeiro paso de Espacio Sirvent será -o 21 de setembro ás 20.00 hs.-, co arquitecto Alfonso Penela (Vigo, 1955), que falará das características do espacio que él mesmo deseñou en 2004 para a firma viguesa. O seu relatorio, baixo o título El algodón no engaña, “céntrase na necesidade de menos e de máis, algúns paxaros son plumas de cores, outros non”.

Con este acto pónse en funcionamento unha serie de propostas que, ata o mes de febreiro de 2012, configurarán esta primeira fase do espacio e que contarán coa participación de Javier e José Luis Díez (díez+díez diseño), ou o músico Carlos Quintá, entre outros.

Fonte: Espacio Sirvent, Vigo