Atalaia

Eugènia Balcells. Frecuencias. 2010. Vista da instalación
> Eugènia Balcells. Frecuencias
Datas: 02/12/2010 - 15/06/2011

Comisariado

Eulàlia Bosch

Descrición

Despois dunha longa traxectoria empregando a luz como instrumento, Eugènia Balcells (Barcelona, 1943) propúxose renderlle homenaxe aos elementos constitutivos da materia, e á complexidade e a beleza do tecido que son capaces de artellar entremezclando os seus espectros de cor.

Sabedoría antiga e tecnoloxía contemporánea atopáronse nas pantallas xiratorias que a artista creou como superficies de proxección. Sobre elas foi tecendo, de vagar, historias de historias e películas de películas que permiten percibir a luz como a voz da materia, e percorrer con ela o mundo das imaxes no que estamos inmersos.

A historia das artes, das ciencias e da filosofía foron confluindo neste proxecto que ten como prólogo a instalación Frecuencias, que da nome ao conxunto da exposición, como centro a instalación Rueda de color, e como primeiros destellos circundantes as instalacións Laberinto e Mármol. A composición da mostra tamén inclúe a película documental, ata hoxe inédita, El arroz se planta con arroz, que recolle a resposta de diversos centros educativos á exposición con motivo da súa presentación en Barcelona, no Arts Santa Mònica, outono do 2009.

A complexidade do proxecto, que hoxe queda oculta na aparente simplicidade da súa forma final, recóllese no catálogo de Frecuencias en dous rexistros diferentes. Dunha parte, na selección de imaxes e os artigos específicos relativos a cada unha das instalacións; doutra parte, na escolma de reflexións, dúbidas, achados e dificultades que, ao longo do proceso de creación, a propia artista recoñecía en conversas con amigos e colaboradores.

Fonte: MACUF